Sobre
Navegación libre e gratuíta con privacidade -
Feita pola comunidade

Obxectivo
Sinte a liberdade de navegar sen conexión, con mapas privados para conducir, camiñar ou ir en bici, proporcionada pola comunidade.

Visión
Crear un mundo onde a navegación con mapas sexa libre, e a privacidade por defecto sexa a elección en todo o planeta.
Navegación libre e aberta con privacidade, feita pola comunidade

CoMaps é unha aplicación para navegación por mapas centrada na privacidade, para viaxar, conducir, camiñar ou desprazamentos en bicicleta. Utiliza os mapas de OpenStreetMap con colaboracións desde todo o mundo. Ofrece navegación con privacidade - sen identificar a persoas nen recoller datos. CoMaps funciona perfectamente sen precisar conexión a internet, para poder navegar en zonas urbanas ou lugares distantes, onde a conexión do móbil non está dispoñible. CoMaps é un proxecto de código aberto, que prioriza o desenvolvemento por parte da comunidade.
Historia
Créase a app de navegación MapsWithMe (renomeada máis tarde Maps.me).
Maps.me publica o código fonte baixo licenza Apache 2.0.
Fúndase o proxecto e empresa Organic Maps, baseado no código fonte de Maps.Me.
Varios problemas na xestión e dúbidas da comunidade non resoltas polo accionariado da empresa deteñen o desenvolvemento de Organic Maps durante varios meses.
Fúndase o proxecto comunitario e sen ánimo de lucro CoMaps, formado por persoas colaboradoras en Organic Maps, baseado no código fonte de Organic Maps.
Media Highlights
Ready to ditch Google Maps? My new favorite map app won't track you
Every month, Google sends me a report about where I've been ...

Look Google, We Have This New Private, Offline Alternative Now
Born out of governance concerns in Organic Maps, CoMaps has been created. ...
Trailblazing Offline Map App Promises Privacy and Community Control
Privacy-conscious map users now have an innovative choice with CoMaps